A Federación Española de Piragüismo convocou a dous pedaxeiros galegos para participar na I Copa do Mundo de Maratón que se celebra desde hoxe na República Checa. Os elexidos, María Pérez, do club As Torres Romería Vikinga, e Manuel Garrido, do club Kayak Tudense.
O primeiro en competir en Tyd Nad Vlatavou será Garrido, que estará na proba Home Senior C-1 que se disputará hoxe ás 11:50 horas. Mentres, Pérez terá que agardar ás 11:30 horas de mañá para disputar xunto con Naiara Gómez, do Club Piragüismo Getxo, na proba Dama Senior K-2
Campionato do Mundo de Slalom
Xa no mes de xullo Foix (Francia) será o escenario do Campionato do Mundo de Slalom Júnior e Sub 23. A representatividade galega correrá a cargo de Antía Loira (Club Piragüismo Val Miñor) e Mario Fontán (Club Piragüismo Baiona), xa que a Real Federación Española de Piragüismo os convocou para formaren parte do equipo da Selección Española de Piragüismo.
O 061-GALICIA ATENDEU A 89 PERSOAS DURANTE A NOITE DE SAN XOÁN
As intoxicacións etílicas e por drogas con 48 persoas atendidas destacaron sobre os tráficos e as queimaduras
Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2010.- A Central de Coordinación do 061 de Galicia atendeu na noite de San Xoán 48 intoxicacións etílicas e por drogas, 18 accidentes de tráfico e 19 queimaduras provocadas polas fogueiras. O período contabilizado é desde as 19.00 horas do mércores 23 de xuño ata as 7.00 horas do xoves 24 de xuño.
Os profesionais sanitarios do 061 de Galicia atenderon 48 intoxicacións etílicas ou por drogas, 18 accidentes de tráfico con 22 persoas implicadas e 17 incidentes por queimaduras, con 19 persoas implicadas.
Accidentes de Tráfico
Intoxicacións
Queimaduras
A Coruña
6
19
13
Pontevedra
7
21
3
Lugo
1
2
1
Ourense
4
6
0
Total
18
48
17
María Pérez (club As Torres Romería Vikinga) e Manuel Garrido (club Kayak Tudense) representan a Galicia na I Copa do Mundo de Maratón
Pola súa banda, Antía Loira (club Piragüismo Val Miñor) e Mario Fontán, (club Piragüismo Baiona), farán o propio no Campionato do Mundo de Slalom en Foix
A Real Federación Española de Piragüismo convou a dous padexeiros galegos para participar na I Copa do Mundo de Maratón que esta fin de semana terá lugar na República Checa. Deste xeito, María Pérez Piñeiro, do Club As Torres Romería Vikinga de Catoira e Manuel Garrido Barbosa, do Club Kayak Tudense, serán os emisarios da Federación Galega de Piragüismo en Tyd Nad Vlatavou.
A participación de Manuel Garrido na proba de HOME SENIOR C-1 será o sábado ás 11.50 h. da mañá mentres que María Pérez terá que agardar ao domingo para, xunto con Naiara Gómez, do Club Piragüismo Getxo, competir ás 11.30 h. na proba DAMA SENIOR K-2.
Campionato do Mundo de Slalom
No mes de xullo Foix (Francia) será o escenario do Campionato do Mundo de Slalom Júnior e Sub 23. A representatividade galega correrá a cargo de Antía Loira (Club Piragüismo Val Miñor) e Mario Fontán, (Club Piragüismo Baiona) xa que a Real Federación Española de Piragüismo os convocou para formaren parte do equipo da Selección Española de Piragüismo.