Xantar, charangas, maxia e moita música. Así se presenta hoxe unha nova edición do Festi Sahara de Salceda de Caselas, que organiza Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e que nesta ocasión celebrarase no torreiro de Santa María e non no campo de fútbol como viña sendo habitual.
A sesión vermú comezará ñas 12 horas coa animación da Charanga divertida e xantar con cus-cús, empanada e polbo. Despois de comer, nada de sesta: chega a tarde de humor e maxia co Mago Marco e con David Amor.
A partires das 22:30 horas darase permiso para disfrutar da festa rachada coas bandas Funk’n Bastards, Tonhito de Poi, Medomeda, Cè Orquesta Phantasma, Estado de Sitio, Dj Ekix e Skakeo.