Galicia

As mulleres discapacitadas teñen un lugar exclusivo ao que acudir

Se eres muller e discapacitada, dende hoxe tes un novo lugar ao que acudir. Por primeira vez en Galicia bota a andar unha asociación de persoas con discapacidade formada só por mulleres coa intención de promover, coordinar e reivindicar a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade cara a súa plena integración e participación en todos os ámbitos da sociedade, Acadar.

E para iso, traballarase na promoción da plena integración escolar, laboral, familiar e social das mulleres, na defensa do dereito a un xeito de vida e a un entorno social que garanta a vida independente e o desenvolvemento autónomo e na promoción da lexislación axeitada que mellore a situación do colectivo.

A asociación desenvolverá programas e actividades dirixidos especificamente a estas mulleres en infancia, xuventude e terceira idade; iniciativas deportivas, culturais, educativas e de lecer; e programas de cooperación e desenvolvemento no exterior. As áreas de traballo: educación, formación, emprego, violencia de xénero, saúde, maternidade, sexualidade e vida independente.

Se queres contactar con elas só tes que enviar un mail a [email protected].

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.