Cultura

Deixa ao neno na Madroa, malo será

www.vigoenfotos.com
www.vigoenfotos.com

A concelleira de Medioambiente e o de Participación Cidadá presentaron hoxe as actividades de verán que organizan ambos departamentos para os nenos e nenas da cidade.

Chus Lago informou dunha dobre acción en VigoZoo para este verán, por unha banda unha ludoteca dunha xornada e por outra campamentos de dous días; en calquera caso é preciso inscribirse telefónicamente. As ludotecas ofertan opcións lúdicas e educativas para nenos de entre 6 e 12 anos, todos os días laborables do 1 de xullo ao 10 de setembro, excepto cando coincida cun campamento.

As ludotecas, segundo indicou Lago, contemplan dous horarios: de mañá, entre as 10 e as 14 horas cun prezo de 6,45 € que inclúe o almorzo; e de día completo, ata ás 19:30 horas, cun pago de 16,15 €  incluíndo almorzo, comida e merenda. En todos os casos, e para a comodidade dos pais e nais, o horario de entrada é desde as 8 ata ás 10 horas da mañá.

Xunto a esta actividade diaria, VigoZoo acollerá tamén campamentos de verán, no que os rapaces poderán practicar senderismo, xogos, visitas guiadas diurnas e nocturnas e realizar xoguetes e materiais de enriquecemento para os animais, dirixido a ofrecer aos nenos unha educación ambiental, segundo apuntou Chus Lago.

Medioambiente ofrece este verán cinco campamentos de dous días cada un, o 21 e 22 de xullo, o 28 e 29 do mesmo mes, o 18 e 19 de agosto, o 25 e 26 de agosto, e o 1 e 2 de setembro; datas que son ampliables segundo demanda.

O horario destes é de 10 horas do primeiro día ás 19:30 horas da segunda xornada, e o acceso dos participantes realizarase de 8 a 10 horas. Os campamentos van dirixidos a nenos e nenas de entre 8 e 12 anos de idade e o prezo ascende a 41,79 euros incluíndo comidas e aloxamento en tendas de campaña (non inclúe saco de durmir nin esterilla).

Centros Cívicos
Pola súa banda, a Concellería de Participación Cidadá programa para o mes de agosto 192 prazas para a realización de obradoiros infantís nos catro centros cívicos da cidade -Saiáns, Teis, Coruxo e, por primeira vez, no Casco Vello.

As actividades son gratuitas e terán lugar do 10 a 13 horas da mañá, de luns a venres. As prazas divídense en dous grupos de 12 nenos cada un por centro cívico: un grupo para rapaces de 3 a 8 anos e o segundo para nenos de entre 9 e 14.

Santos Héctor destacou que estes obradoiros foron iniciados en 2008 cunha única actividade, que foi ampliado en 2009 e 2010 por petición das propias familias. Desde o pasado ano se veñen organizando tamén no Entroido, en Verán e no Nadal, cunha participación nos dous últimos anos de 298 nenos, polos case 200 que acudirán soamente neste verán. No dous casos o prazo xa está aberto.

También te puede interesar