Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másO España-Portugal, hoxe en pantalla….xigante na Praza de Compostela
Os operarios acababan de instalar a pantalla xigante colocada pola Alcaldía na Praza de Compostela para que todo o que quiera poda seguir, dende as 8 e media do serán o partido España- Portugal correspondente aos oitavos de final do Mundial de Sudáfrica 2010. Aínda non se sabe se o Concello repartirá algún tipo de trebello para animar aos xogadores de Del Bosque e tampouco se o BNG estará moi conforme coa iniciativa.
Esto pode ser así xa que hai dous anos, no Parlamento de Galicia, e co asentimiento dos socialistas, os nacionalistas votaron en contra dunha proposta para que a Selección Española fose invitada a xogar un partido amistoso en Galicia e mesmo a entonces responsable de Deporte do goberno galego asegurou que en caso de enfrontamento con Portugal animaría aos nosos veciños.
Sexa como fose, o que sí estará en primeira fila ás 8 e media será o alcalde e os corresponsales de varios canles de Portugal que, ao tempo que se montaba a pantalla, despregaban as súas unidades móbiles.