O Concello non seguirá no edificio Asefal. Dende o ano que ven rescinde o contrato que mantiña cos propietarios do mesmos dende hai 11 anos e xa busca ubicación para a Fundación Carlos Casares, as oficinas da Mancomunidade e Xestión Catastral, a Axencia Interestatal de Enerxía e o Instituto de Estudos Vigueses. O aforro para as arcas municipais será de 240.000 € ao ano.
A esta cantidade sumaranse os 19.200 € que o Concello paga polo alugueiro do local da Fundación ProVigo, na Alameda, xa que a mesma trasládase ao antiguo Reitorado, na rúa Areal.