Viaxou a Valencia para disputar o Campeonato Europeo de Policías e Bombeiros que este ano se celebrou en Valencia e viu coa mochila cargada de medallas: 8 de ouro, unha de prata e outra de bronce. O atleta mosense Alberto Costa, que exerce no Corpo de Bombeiros de Vigo foi recibido no concello da súa cidade natal e agasallado pola alcaldesa, Nidia Arévalo, para festexar estos logros deportivos.
Co dobre de horas de adestramento para preparar as probas físicas, dedicando case todo o día a iso, agora Alberto Costas ten a vista posta no Mundial de Bombeiros que terá lugar en Corea e o ano que ven competirá en Nova Iorque.