Deportes Destacados

Non hai tanta area en Samil para tanto deportista

Samil encherase de deporte desde o 3 ao 25 de xullo. Un mes no que se desenvolverá a oitava edición de Vigoarea no que se desenvolverán competicións de volei praia, foot voley, fútbol praia, balonmán praia, tenis praia e cachibol.

Os encargados de debutar serán os participantes do VIII Trofeo Cidade de Vigo de Volei Praia e do Campionato Galego nas súas modalidades masculina e feminina, que se desenvolverá os días 3 e 4 de xullo. Estes mesmos días disputarase o VIII Trofeo de Foot Volei, na súa modalidade mixta.

A seguinte competición será o Trofeo Cidade de Vigo e Campionato de España de Fútbol Praia, do 9 ao 11 de xullo. Os días 17 e 18 de xullo terá lugar o XIII Cidade de Vigo de Balonmán Praia, o Campionato Galego e Memorial Roberto García Fuentes, nas súas modalidades masculina e feminina. Do 15 ao 22 de xullo disputaranse os encontros de cachibol e finalmente, os días 24 e 25 disputarase o VII Trofeo de Vigo Cidade de Vigo de Tenis Praia e o Campionato Galego.

También te puede interesar