O Museo do Mar volta a abrir as súas portas aos máis pequenos da casa cos seus obradoiros de verán. Dende o vindeiro 20 de xullo, martes e venres (de 10:30 a 13:30 h) faranse actividades para cativos de entre 5 e 14 anos divididos por idades. Os nenos só teñen que inscribirse enchendo un formulario que atoparán na propia web do museo ou chamando ao teléfono 986 247 691. Só unha recomendación: non esquecer levar bañador, gorro, protector solar e a merenda.
Obradoiros
Haberá obradoiros para realizar no propio museo ou na Salinae. Así, nas instalacións do Museo do Mar de Galicia celebraranse actividades con títulos tan significativos como ‘Contos de verán’, para que nenos e 5 a 7 anos coñezan a pesca, os animais do mar e a praia; ‘Embárcate con nos’, no que nenos de 8 a 10 anos aprenderán as partes e tipoloxías dos barcos; e ‘Naturistas en acción’, para que rapaces de 11 a 14 anos poidan investigar e experimentar os misterios do medio mariño.
Xa no Centro Arqueolóxico Salinae organizarase o obradoiro ‘Érase unha vez… hai 2.000 anos’, dirixido en xullo para nenos de 5 a 7 anos e en agosto para pequenos de 8 a 10. No taller poderán coñecer dun xeito lúdico diferentes aspectos sobre arqueoloxía e sobre o mundo romano a través de xacementos, participando en xogos e prácticas de excavación e construcción.