Chámase ‘Verán de expedición en Vicus’ e será o culpable de que as zonas históricas da cidade énchanse de pequenos exploradores. Este campamento estival, dirixido a nenos de entre 8 e 12 anos, arrancará o vindeiro luns (de 08 a 15 horas) en dúas quendas de 11 días (do 5 ao 16 de xullo e do 19 ao 30 de xullo). E aínda quedan prazas, así que se estás interesada podes pedir máis información na Casa da Xuventude ou chamando ao 986 294 806.
A actividade, pensada para coñecer a historia de Vigo, está enfocada coma unha grande expedición e aventura na que coñecerdistintas etapas histórica. Para saber máis da época castrexa hoxe disfrutarase dunha visita teatralizada ao Castro na que involucrarán aos rapaces. Ao día seguinte farán un bolo de pan, un obradoiro de barro tradicional e de tinguidura de camisetas.
Tamén visitarán as Salinas e a finca de Mirambell, o Berbés e o Centro de Artesanía Tradicional onde se fará un obradoiro de cestería. Haberá un grande xogo de pistas ao redor da Praza da Constitución no que se involucrará aos comerciantes do barrio. O programa, completado cun paseo en embarcacións tradicionais en Bouzas, unha xincana medieval e xogos con globos de auga.