O preacordo ao que chegaron UGT e CCOO coa dirección do Grupo Antolín Vigo non ten validez para os traballadores, que rexeitaron en asamblea, sobre todo o relativo á duración do convenio ata 2013 por traer aparellado “un incremento insignificante das primas”. A partir de agora establecerán un calendario de mobilizacións para forzar unha nova xuntanza entre o comité de empresa e a dirección desta empresa auxiliar da automoción.