Vigo é a cidade galega que máis emprega o transporte publico. Vitrasa moveu ao 35% de todos os viaxeiros de autobús urbano de Galicia durante 2009 xa que desprazou a máis de 22,2 millóns de persoas. Pese a elo, a segunda edición do Informe de Mobilidade de Vitrasa “Movémonos en coche”pon de manifesto que en España segue predominando o uso do vehículo particular en detrimento do transporte público, este só representa o 30% do total dos desprazamentos fronte ao 50% que representa o vehículo privado.
Segundo o director xeral da concesionaria do transporte urbano de Vigo, Juan Carlos Villarino “a pesar de que cada día os cidadáns se conciencian máis sobre a necesidade de utilizar o transporte público, o vehículo particular segue sendo o medio de transporte máis utilizado en detrimento doutros medios máis sustentables, menos contaminantes e máis económicos como o autobús”.
Nos últimos dez anos, o parque automobilístico español incrementouse en preto de dez millóns de vehículos, ao pasar dos 21,3 millóns de unidades contabilizadas en 1998 aos 31,04 millóns de 2008, o que equivale a un incremento do 45,7%. O número de kilómetros perquiridos por habitante sufriu un incremento similar, duplicándose nos últimos 15 anos. Unha das principais consecuencias do tráfico é a contaminación atmosférica, os vehículos particulares originan o 32%das emisións de CO2.
Abuso do coche
O vehículo privado é o medio utilizado mayoritariamente pola xente ocupada: 6 de cada 10 españois empregan o coche para desprazarse ao seu centro de traballo. No resto dos casos son os desprazamentos a pé ou en bicicleta os que alcanzan maiores porcentaxes, situándose entre o 53% e o 71% segundo o caso.O transporte público sitúase por debaixo do 15% sendo destacado o seu uso entre os estudantes.