Vigo al minuto

50 nenos e nenos saharahuis pasarán en Vigo un verán en paz

Nenos SaharahuisO alcalde e o tenente de alcalde recibiron hoxe no Concello aos 50 nenos e nenas saharauis que participan no programa de acollemento temporal “Vacacións en paz”. Abel Caballero expresou o seu desexo de que os rapaces e rapazas participantes gocen da súa estadía na cidade. “Vacacións en paz” é un programa dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos procedentes dos campos de refuxiados saharauis, xestionado pola Asociación de Solidariedade co Pobo Saharaui, co que a Concellería de Benestar Social ten asinado un convenio de 23.000 euros mediante o que financia a viaxe de 35 nenos e nenas.

A concelleira de Benestar Social destacou que o apoio ao programa é unha “cuestión de solidariedade e non un esforzo“. Subliñou que polo desenvolvemento destas iniciativas “é polo que teñen que apostar as administracións“. Asemade, expresou o seu agradecemento ás familias de acollemento, “porque sen elas o programa non sería posible“, destacou.

O delegado para Galicia do pobo saharaui, Ahmedu Mojtar, agradeceu tanto ao Concello de Vigo como ás familias de acollida o seu compromiso en tempos de crise que, segundo apuntou, “repercute na axuda humanitaria“. Indicou que en toda Galicia son arredor de 500 “os fillos e fillas do Sáhara” os que participan no programa e expresou o seu desexo de que as familias gocen coa estadía dos rapaces “porque para eles é unha experiencia inesquecible“.

Comentou que onte o campamento de Tinduf rexistrou 49º de temperatura, polo que salientou que o programa de acollemento temporal serve “para alonxar aos rapaces destas condicións“, así como para realizar chequeos médicos.

 

También te puede interesar