É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másCase 5 millóns de euros para evitar tanto CO2 como a erupción do Eyjafjalla
Empresas, concellos ou particulares. Todo o mundo pode subirse ao carro das enerxías renovables. Xunta e Instituto Enerxético de Galicia acaban de por en marcha un programa de axudas para aproveitar os recursos autóctonos e implantar enerxías limpas coas que evitar a emisión de 15.000 toneladas de CO2 á atmósfera, o mesmo que enviou a primeira erupción do volcán islandés Eyjafjalla.
Para iso porá sobre a mesa un orzamento de 4,66 millóns de euros que permitirá xerar un investimento asociado de 30 millóns de euros e co que se intentará chegar ao 2015 producindo con fontes renovables máis do 95 por cento do consumo de electricidade.
Unhas axudas que esperan poder resolverse en 6 meses e que se poden consultar de xeito on line desde a presentación da solicitude á resolución. Podes presentar a túa solicitude ata o 20 de setembro para instalacións que poderán executarse ata o 15 de setembro de 2011. Para máis información, entra na web do Inega.