Agenda Cultura

Homenaxe na praia tras 10 anos sen Suso Vaamonde

Morreu un 16 de febreiro de fai 10 anos tras loitar contra o cancro. O cantautor galego Suso Vaamonde será o protagonista da homenaxe que o Colectivo Berete organizará este sábado (22 horas) na praia de Arealonga no décimo aniversario do seu pasamento na que actuarán Marcos Campos, Tino Baz, Leo de Matamá e Mini e Mero, de ‘A Quenlla’. No acto, que estará presentado por Anxo Angueira, participarán os amigos do artista.

Exiliado

Compositor dende os 16 anos, Vaamonde estivo en varias formacións musicais desde ben mozo, como Os Copens, Marco Balorento ou A Roda, onde coincidiu co seu irmá. O peor momento da súa vida profesional chegou en xuño de 1979, cando nun recital antinuclear na praza da Ferreiría de Pontevedra deixouse levar polo fervor do directo e engadíu ao popular ‘Uah!’ unha estrofa que o levaría polo camiño da amargura: ‘Cando me falan de España sempre teño unha disputa, que se España é miña nai eu son un fillo de puta’.

Unhas declaracións que foron consideradas inxurias á Patria, polo que foi condenado a 6 anos e un día de cárcere. Aí foi cando se exiliou e comezou un periplo de 4 anos por Londes, Alemania e Caracas. Catro anos despois volta para entregarse confiando en que o novo goberno socialista revisara as condenas. Tras 46 días na prisión de Ourense como o primeiro preso político da democracia chegoulle o indulto.

También te puede interesar