
Castrelos estará ateigado. Un bo inicio para as Festas do Verán, que arrancan esta noite (22:30 horas) co concerto de Norah Jones na que será unhas das súas tres paradas en España, a única de Galicia. Como teloneira, a cantante de jazz Sasha Dobson, membro da banda que acompaña a Jones dende hai anos.
Se non conseguiches algunha das 1.500 entradas á venda, podes probar aínda na taquilla do auditorio por 15 euros. Senón, sempre poderás vela de balde nas gradas dun renovado Castrelos, con novos camerinos, novo edificio de producción, o peche renovado, as cubertas de entrecaixas arranxados e cunha zona de asentos que pasadas as festas cubrirase de céspede para conseguir a homoxeneidade coas bancadas.