Unha viaxe a Wilaya do Aaiún serve para reflectir como é o día a día dos refuxiados saharauis nos campamentos de refuxiados de Tinduf. Imaxes que nos achegan a unha realidade non tan lonxana agora na Casa da Xuventude grazas a exposición ‘Saharauis: 35 anos de espera’, que se poderá disfrutar en López Mora ata o vindeiro 23 de xullo e na que tamén se poderán apreciar outros aspectos da cultura saharaui.
Son instantes sobre a vida nos campamentos na que se intenta achegar ao espectador a complexa e dura realidade do pobo saharaui, preto de 200.000 persoas condenadas a vivir nunha cárcere de area, cunha pena de máis de tres décadas detrás. Tras o abandono de España e a invasión marroquí, os refuxiados foron desterrados, bombardeados con fósforo blanco e napalm e divididos por un muro de máis de 2.700 quilómetros flanqueado por minas antipersoa e custodiado día e noite por 160.000 soldador armados e máis de 30.000 quilómetros de arame de espinos… Un ‘muro da vergoña’ que lle custa manter ao goberno marroquí máis de millón e medio de euros.
Unha sociedade organizada en medio do deserto, con garderías, escolas, obradoiros, hospitais, concellos… case sempre en manos das mulleres, xa que os homes non viven nos campamentos, senón que están nos exércitos. Achégate a súa realidade.