Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másNerea Vila, primeira galega nun campionato europeo cadete
Do 3 ao 8 de agosto competirá en Saraxevo no Campionato Europeo Cadete de loita grecorromana e libre. A viguesa Nerea Vila conseguiu o pase ao seu primeiro torneo internacional nunha fase previa que se disputou o mes pasado en Alemania, convertíndose na primeira loitadora galega en participar nun europeo cadete.
Ilusionada por poder participar nun campionato deste nivel, Vila agarda que as súas principais competidoras sexan as loitadoras rusas e alemanas nunha competición a nivel moi alto na que confía en acadar moito máis que a clasificación. A deportista foi recibida hoxe no Concello polo edil de Deportes, quen a agasallou cun libro da cidade de Vigo.