Deportes Vigo al minuto

Unha semana de deporte ao cento por cen

O sexto Campus de Baloncesto 2010 do Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia chegou ao seu fin tras unha semana plenamente deportiva en As Travesas con máis de medio centenar de rapaces de entre 6 e 17 anos. Unha completa formación deportiva a cargo de adestradores con contrastada experiencia e especializados nas súas disciplinas na que, xunto á actividade reina, o baloncesto, os inscritos practicaron rugby, béisbol, balonmán, kin-ball, fútbol, piragüismo e batuka, ademais de loita olímpica, taekwondo e hockey herba.

Pero non todo foi suar a camiseta: os rapaces tamén puideron realizar unha visita guiada ao Xacemento Arqueolóxico do Castro ou acudir ao Complexo Acuático de Monterrei, onde todas as piscinas, as zonas verdes e as zonas de monte fixeron as ledicias de todos con permiso do tempo.

También te puede interesar