Faltan só cinco días para festexar o Día da Patria Galega e Vigo comeza a engalanarse. Dentro dun festexo austero polas circunstancias económicas, o Concello repartirá 5.000 bandeiras de Galicia para que os vigueses a coloquen en ventanas e balcóns o vindeiro 25 de xullo.
Se queres unha podes conseguila de balde achegándote ás instalacións municipais, como as Unidades Básicas de Acción Social, museos, centros culturais, bibliotecas, pabellóns de deportes e piscinas, asociacións de veciños ou no concello acudindo á Tenencia de Alcaldía.