As contas non saen: se tes un neno de entre cero e tres anos, escolarizalo en Ponteareas e case misión imposible, xa que hai 140 prazas para 1.050 nenos. Por iso, o BNG levará a pleno o 29 de xullo unha moción para instar á Xunta a creación de novas escolas infantís, xa que nestes intres polo menos un centenar de familias atópanse con problemas para poder deixar aos seus fillos no que eran as garderías. Para o vindeiro ano cen pequechos quedaron sen praza e en lista de espera.