CIG-Construción continuará mañá coa súa campaña de denuncia da situación laboral que padecen moitos traballadores do sector que desenvolven o seu labor en obras contratadas polas Administracións públicas
. O novo acto reivindicativo comezará arredor das 11.00 horas no contorno da rotonda con Genaro de la Fuente, á altura de Vía Norte, onde se están a levar a cabo traballos de acondicionamento das beirarrúas contratados polo Concello.
Dende o sindicato nacionalista explican que nas obras que está a acometer a empresa Conslar “traballan até seis subcontratas portuguesas que discriminan laboralmente os operarioscon xornadas abusivas e salarios máis baixos que os que establece o convenio provincial“.
As obras permanecerán paradas durante toda a xornada e os representantes sindicais levarán a cabo unha asemblea para analizar a situación.