Galicia

O que para o BNG é o Día da Patria Galega, para o PP é o Día da marca Galicia e para o PSdG o Día de Galicia

galega patriaOs partidos galegos celebrarán de xeito moi distinto o Día da Patria Galega. O PP renuncia á ofrenda a Rosalía no panteón de Gelegos Ilustres e opta por reafirmar o seu “galleguismo” cunha misa e unha romería, no Monte Castrove, en Poio, na que reivindicará a ‘marca Galicia’ e festexarán que o país é o centro “cultural, social e relixioso” coincidindo co Ano Santo.

O PSdG e o BNG reclamarán un novo estatuto . Coma xa é tradicional, o normal é que os nacionalistas acaben ateigando a Praza da Quintana, en Compostela, pedindo a soberanía galega logo de manifestarse polas rúas da capital e de facer unha ofrenda na tumba de Castelao. Un acto que no caso dos socialistas xa é tradicional.

También te puede interesar