Preto de 300 mozos participan no campo de traballo das Illas Cíes e no campamento xuvenil de Ons, organizados dentro da Campaña de Verán de Xuventude, aínda que con mentalidades moi distintas. En Ons as actividades céntranse na natureza e 60 rapaces de entre 12 e 15 anos en tres quendas farán sendeirismo guiado, orientación, bicicleta de montaña ou participarán nunha aula de natureza marítima e astronomía.
Mentres, en Cíes en dous turnos de 50 persoas de entre 18 e 30 anos de todos os puntos de España, Rusia, Eslovaquia, Grecia, Uruguai, Brasil, Cuba e Venezuela desempeñan tarefas medioambientais, como labores de mantemento da illa, vixilancia de incendios, labores de información e sensibilización do visitante e intervencións puntuais de mellora no parque natural.