Se che gusta o metal, o teu sitio está esta noite na Fábrica de Chocolate, cunha dobre cita: Skydancer e Dark Eternity a partires das 22 horas. Aínda que levan traballando xuntos desde febreiro de 2004, tardaron un ano en darlle nome ao proxecto, Skydancer, facendo temas propios cun estilo tremendamente personal que conseguíu que fora escoitado en toda a península. A cabalo entre o castelán e o inglés, optaron por un estilo máis escuro e agresivo, onde poden verse moitos guiños ao thrash e o death metal melódico.
Pola súa banda, Dark Eternity é unha banda de melodic deaht metal formada en Vigo oficialmente creada en 2007 baixo o nome de Shadows of the Dead, aínda que tras un parón trala saída do batería cambiou de nome. E fixoo tras grabar a súa primeira demo nos estudios desamparados de Alcabre tras varios concertos nas salas viguesas.