Os ministros de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, e o de Fomento, o lucense José Blanco, presidiron onte nos xardíns do Pazo Quiñones de León a conmemoración do Día de Galicia. Os máis de 200 invitados foron recibidos pola polo goberno local, na entrada principal do pazo, antes de tomar asento na parte baixa dos xardíns onde, antes dos discursos e da le¡ctura do bando, escrito este ano polo ministro Blanco, disfrutaron da actiuación dun cuarteto de corda que, entre outros temas interpretou o central da película ‘O Golpe’.
Entre as autoridades presentes, estaba a presidenta da Autoridade Portuaria, Corina Porro, a senadora Carmela Silva, o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, o presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, a delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, o bispo da Tui-Vigo, Luis Quinteiro, o vicepresidente da Deputación, José Manuel Figueroa, varios ex conselleiros, ou os ex alcaldes Manoel Soto e Ventura Pérez Mariño.
No seu discurso, o alcalde salientou que este ano, co gallo do bicentenario da cidade, Vigo quere sentirse cercana a Galicia “ porque somos Galicia“ e lembrou o esforzo de Vigo, que se crece nos tempos duros, “porque para nós todolos tempos foron duros“. Caballero lembrou que Vigo sempre saiu adiante grazas ao esforzo nos eidos da industria, a pesca, a construcción naval ou a automoción, “porque esta cidade sempre soubo do esforzo de camiñar cada mañan“.
Pola súa banda, o ministro Blanco, animou a aproveitar as oportunidades que se derivan da crise, lembrou que é posible que aquello que sempre funcionou é posible que non o faga máis e advertiu que vivimos non mundo global e que ningún país pode ser afastado e que “todos dependemos de todos”. O ministro invitou a ollar ao futuro con optimismo e decisión e salientou que Vigo sempre xogou un papel decisivo en todos os contextos de cambio grazas ao “seu mellor activo: a súa xente”, e que liderou a renovación de Galicia.
O titular de Fomento garantiu a chegada do AVE a Vigo nos prazos sinalados, subliñou que é o momento de facer mellor as cousas para constituir bases máis sólidas e logo de lembrar, coma dixo Celso Emilio Ferreiro que “Galicia xa non é un pobo en espera”,asegurou que a recuperación é máis que posible.