Tiñan pensado sair ao balcón da habitación para presenciar os fogos artificiais, logo de chegar este serán, pasadas as oito, ao Hostal dos Reis Católicos. Don Xoán Carlos e dona Sofía, xa durmen no parador e mañá serán saudados polo presidente da Xunta, o delegado do Goberno en Galicia e a presidenta do Parlamento antes de iniciar a súa axenda que abrangue a ofrenda ao Apóstolo e a asistencia á misa solemne na catedral de Santiago.
Or reis, que foron recibidos polo director do Hostal, saudaron aos centos de personas que ateigaban a Praza do Obradoiro, cenarán, coma xa é tradicional cando visitan Galicia, un menú a base de productos do país e ocuparán a habitación que está sempre reservada para eles.