Galicia

Se vas a Compostela, mellor fai os últimos quilómetros coma un peregrino, pero sen mochila

Santiago/Tresyuno ComunicaciónEsta é a recomendación do Concello de Santiago que, nunha nota, advertiu que cortará ao tráfico prácticamente todo o centro e os accesos á Praza do Obradoiro. Habilítanse para estacionar os aparcamentos de A Choupana e de Salgueiriños e dende as 10 da noite non se poderá transitar por Xoán XXIII-Burgo das Nacións, Costa Nova-Xazmíns, Morón-Castiñeiros e costa de San Francisco-Entrerríos, prohibición que afectará tamén aos peóns dende as 10 e media da noite.

Dende as 7 do serán de hoxe queda limitada a entrada á Praza do Obradoiro coa finalidade de facilitar a chegada de público á mesma para disfrutar do espectáculo e permitir o despliegue do dispositivo de seguridade ao que se sumarán máis efectivos tanto da Policía Local coma do Corpo Nacional de Policía.

Mañá, domingo, o paso restrinxido pola praza abranguerá das 09.00 ás 14.00 horas e, a causa das manifestacións que sairán da Alameda, recomendase aos condutores evitar o ámbito da Praza de Galicia a partir das 11 e media da mañán. Do mesmo xeito, dende mañán non se permitirá entrar ao Obradoiro a ninguén que porte bolsas ou mochilas, unha restricción que forma parte das medidas de seguridade especiais adoptadas pola presenza dos Reis.

También te puede interesar