É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer más¡Coidado! ¡Avalancha de bicis!
Baiona prapárase para unha avalancha… de bicicletas. Hoxe celébrase a ‘I Avalancha a Baiona-Grobabaixada’, un evento case único en España que consistirá no descenso masivo en bicicleta de montaña, no que os ciclistas recorrerán a ladeira da montaña da Groba ata o pavillón municipal de Baiona en dous baixadas conxuntas cronometradas a través dun chip electrónico.
Organizada polo Club Ciclista Bici Verde de Vigo, clube pioneiro de bicicleta de montaña en Galicia e con experiencia en competicións de BTT e BMX, durante o evento tamén haberá outras actividades, como a presentación oficial da gama de motos enduro de KTM para a temporada 2011.