
É a primeira vez que a parella, que tamén o é na vida real, actúa conxuntamente en Galicia. A pianista e cantante presentará o seu traballo ‘Quiet Nights’ mentras que Costello tocará os temas de ‘Secret, profane&sugarcane’.
O día seguinte, mércores 28, Sir Mark Knopfler ofrecerá un concerto no Multiúsos Fontes do Sar para interpretar o disco ‘Get Lucky’. Aínda quedan entradas, pero a 48 €, podes mercala na web de Caixa Galicia, no Corte Inglés e en Tickmaster.
O sábado, día 31, estará en Compostela Jean Michel Jarre, que tocará no Obradoiro a partir das 22.30 horas…menos mal: o acceso é gratuíto.