Comarcas

Dulce Pontes e Cristina Pato cantan para 4.000 tudenses

Máis de 4.000 persoas disfrutaron esta fin de semana de dous concertos de luxo: Dulce Pontes e Cristina Pato, que actuaron no aparcamento municipal de Tui de balde.

A primeira en convocar aos tudenses foi a cantante portuguesa, que reuníu a 2.500 persoas no seu concerto ‘Momentos’ no que repasou boa parte dos seus 20 anos de carreira. As cadeiras quedaron escasas ante a afluencia de público, que chegou con moita antelación á explanada do aparcamento para escoitar o chorro de voz da lusa.

Onte foi a quenda de Cristina Pato, ante a que se deron cita 1.500 personas para ver á gaiteira máis internacional. Un concerto cheo de forza no que fixo repaso pola literatura galega con Laura Amado, que puxo voz a poemas moi relevantes de escritores como Rosalía de Castro.

También te puede interesar