Para desfrutar do Festiclown non é necesario saír da casa. Os nenos que se atopan hospitalizados nalgún dos centros do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) puideron disfrutar hoxe da visita de Peter Punk, un xove pallaso galego que representa a nova escola popular de malabaristas e artistas de rúa e do novo circo.
Habitual de festivais, festas populares e eventos lúdicos de todo tipo, a Punk non hai técnica que se lle resista. No seu espectáculo, dirixido a todos os públicos, o malabarista crea un personaxe imaxinario a partir do que xurden infinidade de aparatos cos que divertir ao público e infinidade de gags cómicos.