Galicia

A operación saída de agosto, sáldase en Galicia con 78 accidentes e 106 feridos

061 GaliciaUrxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante esta fin de semana, a un total de 106 persoas debido a 78 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 30 de xullo, ata as 23:59 horas do domingo, 1 de agosto. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o sábado con 31 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 97 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 78 asistencias sanitarias por parte do persoal do que atenderon a un total de 106 persoas.

A proporción de homes atendida foi do 63% e a de mulleres do 37 %. Nas idades dos feridos, obsérvase que un 46 %dos atendidos ten entre os 15 e os 29 anos.  Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 41 sinistros durante os desprazamentos destas datasseguida de A Coruña, con 20, Lugo, con 12 e Ourense, con 5.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 105. Así, as UVI móbiles mobilizáronse seis casos, o helicóptero medicalizado acudiu a un sinistro, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 87 accidentes; as ambulancias concertadas acudiron en tres ocasións e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en oito sinistros.

 

 

Te podría interesar