O alcalde e o máximo responsable da Policía Local, Carmelo del Castillo, presentaron hoxe un novo servizo municipal para minimizar o tempo de búsqueda dos país dos nenos extraviados nas praias de Vigo. Trátase dunha pulsera gratuita que os país xa poden solicitar nas casetas da Policía Local e da Cruz Vermella onde figura o nome do neno e un teléfono de contacto.
Cabalero e o xefe da Policía informaron de que os servizos policiais atenderon o pasado verán a preto de 80 nenos extraviados, e a Cruz Vermella estima estes casos entre cinco e dez diarios, e o tempo de espera ata atopar aos pais pode acadar as dúas ou tres horas.
A Policía Local e a Cruz Vermella, indicou o alcalde, porán a disposición das familias interesadas das pulseiras onde irá rotulado o nome do rapaz e o teléfono de contacto do titor responsable, para poder así contactar en caso necesario.
Abel Caballero eloxiou o traballo “cercano” dos efectivos da Policía Local de Vigo, tanto a pé como da brigada a bicicleta, que “da gran tranquilidade” aos usuarios das praias viguesas.