O ciclo ‘Cines do mundo’ tráenos esta noite (23 horas) á rúa Londres a obra de Helvécio Ratton, ‘Radio Favela’, rodada en 2002 e basada nunha historia real. Un destacamento da policía vai cara unha favela brasileira. Mentres os traficantes prepáranse para o enfrontamento, unha radio pirata informa a todos os ouvintes que se queden nas súas casas a cuberto.
Pero o obxectivo da policía non é o tráfico de drogas, senon facer enmudecer a radio ‘Uma onda no ar’, unha emisora que xurdíu nos anos 80 na gran favela de Bello Horizonte e que conseguiu ao longo dos anos un gran número de seguidores.