Destacados Vigo al minuto

A feira de Bouzas non voltará á Alameda de Suárez-Llanos

Alameda Bouzas/Tresyuno ComunicaciónO alcalde explicou hoxe luns que a feira de Bouzas manteráse no seu emprazamento actual, tal e como demandan os veciños. Así llo confirmou aos representantes da Asociación de Veciños de Bouzas e da Asociación de Comerciantes. «A Alameda Suárez Llanos ten agora o destino que lle corresponde, o uso cidadán».

Na reunión que mantivo con eles na Alcaldía, abordaron tamén a situación da parcela na que o Sergas ten previsto emprazar un centro de saúde. Ao respecto Caballero insistiu en que o proxecto «está en mans da Xunta«, dado que a parcela xa esta doada. «Agora é a Xunta a que ten que realizar o proxecto, dar o visto e prace, licitar e construir e queremos que se faga a maior brevedade posible», dixo.

Outro dos aspectos tratados no encontro cos veciños e comerciantes foron os aparcamentos proxecto que, segundo explicou o alcalde «mantemos e comprometemos«. No caso dun dos aparcamentos previstos os técnicos están a estudiar a fórmula xurídica que permita levar adiante o aparcamento «salvando o problema das árbores» e sen necesidade de cambiar o Plan, indicou o alcalde.

Tamén avanzou que existe unha urbanización que ten unha cesión de 48 prazas para dominio público municipal que serán postas a disposición dos veciños de Bouzas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.