O tenente de alcalde destacou hoxe o incremento da participación no programa Verán de Lecer, destinado a persoas con discapacidade. Na visita que este luns realizou ás instalacións do Centro Aspanaex xunto á concelleira de Benestar Social, asegurou que este ano se superaron as expectativas respecto ao ano pasado, xa que se pasaron de 140 persoas participantes nos campamentos de 2009 a 198 neste 2010.
O mandatario indicou que Verán de Lecer tenta cumprir dous obxectivos fundamentais para as áreas que coordina a Tenencia de Alcaldía na liña de acadar a igualdade de oportunidades.
Por outra banda, o tenente de alcalde sinalou o programa tamén ten o obxectivo de “permitir o respiro familiar” aos familiares que coidan ás persoas con discapacidade, “para que poidan disfrutar dunhas pequenas vacacións nesta época“, comentou.
O programa ofreceu o mesmo número de prazas que o ano pasado, aínda que se levou a cabo unha redistribución da oferta xa que se comprobou que a demanda de prazas era superior en agosto que en xullo. Dos 198 participantes neste verán, 67 nenos e nenas o fixeron no campamento de xullo, que tivo lugar no museo Verbum, mentres que 131 participan no progorama que se está desenvolvendo neste mes de agosto no centro Aspanaex.