Iso asegurou hoxe o alcalde tras visitar os traballos de humanización de Pi y Margall. Abel Caballero afirmou que esta rúa “clamaba” por unha humanización, mellora de preto dun quilómetro de lonxitude que supón un investimento de 3 millóns de euros do “Plan ZP dous“, e non retirará prazas de aparcamento en superficie. O prazo de finalización da obra é finais de decembro mais a construtora transmite a súa vontade de adiantar un mes os tempos previstos.
O alcalde explicou que o sistema de saneamiento debe tener “en torno a 35 años de antigüedade“, sen separación de pluviais y fecais, unha “calamidade” en termos medioambientais. A humanización permitirá a separación das augas pluviais das fecais e a renovación integral de ambas, ademais dun novo sistema de abastecemento.
A humanización ampliará o espazo destinado aos peóns coas beirarrúas e mellorará a seguridade viaria cunha nova ordenación da sinalización e da calzada que ultima o Concello. O proxecto contempla asemade a instalación de 82 árbores, 120 puntos de luz, 45 papeleiras, e en torno a 25 bancos, xunto coa renovación das redes de servizos soterrados.
Caballero concluíu que, unha vez estea rematada esta mellora e a que está en marcha na rúa López Mora, salvo un pequeño treito, prácticamente, “poderase camiñar por rúas humanizadas dende a Avenida de Galicia ata Samil“.