A concelleira de Economía e Facenda reclamou hoxe á Xunta luz verde ao Plan Económico Financeiro municipal presentado polo Concello en xuño.Raquel Díaz explicou que Vigo é “o concello menos endebedado de España” e, a pesares da boa situación económica, o goberno autonómico ainda non respostou ao Plan Económico Financeiro que contemplaría 27 millóns de euros máis das arcas municipais. Pola contra, a edil pediu o mesmo trato para Vigo que para outras cidades como Ourense, cuxo PEF foi validado en tres días.
Díaz recordou que o Concello seguíu as instruccións do Goberno autónomo na procura da “colaboración” institucional e adaptou en Pleno o documento ao Real Decreto de austeridade do Goberno de España, que prohibe endebedarse en 2011, pese a non ser preciso. A responsable de Economía reiterou que é a obriga da Xunta a autorización do Plan para que o Concello poida executar o seu orzamento. De feito, a ausencia de resposta causou a paralización dos traballos de humanización de Manuel Álvarez, apuntou Díaz.