Deportes Galicia

O Kayak Tudense, líder na clasificación por clubes da Copa Presidente e o Descenso do Miño

 

Descenso Internacional Río MiñoTui foi o centro de atención piragüista ao celebrarse alí, durante esa xornada, dúas probas da XV Copa Galega de Ríos e Travesías. Por unha banda, pola mañá, a partir das 11.30 horas, disputaban os pertencentes ao grupo 2, a XV Copa Presidente Xunta de Galicia, na que participaron embarcacións cuádruples. Foi o clube local, o Kayak Tudense, o que logrou facerse co ouro na clasificación por clubes, ao conseguir 861 puntos. Seguíndolle de preto, cunha meritoria prata, quedaban os de As Torres Romería Vikinga de Catoira (718 puntos), mentres que o terceiro posto era para o clube portugués Náutico Ponte de Lima (693 puntos). Ver os resultados.

 Xa pola tarde tiña lugar o embelmático Descenso Internacional do Río Miño (Grupo 1, para C-1, K-1, C-2,. K-2), que este ano reuniu a máis de 400 embarcacións, procedentes de clubes de distintos puntos da península (34 clubes galegos, 5 portugueses, 1 asturiano e 1 da rexión de Murcia). Un total de 14 kilómetros a través do río galego foi o que tiveron que percorrer os padexeiros, e, novamente, o Tudense demostrou o seu dominio na casa, ao facerse co primeiro lugar na clasificación por clubes, conseguindo 2425 puntos. Tamén As Torres quedaba nesta proba en segundo lugar, con 1966 puntos, e o Náutico ponte de Lima (Portugal), conseguía o terceiro posto (1743 puntos). Resto de resultados.

También te puede interesar