O Diario Oficial de Galicia do pasado venres, 13 de agosto, publicou unha orde da Consellería de Sanidade na que se cita aos propietarios dos terreos nos que se asentará o novo hospital para proceder ao pago das parcelas. “O pagamento do prezo xusto soamente se fará efectivo, consignándose no caso contrario, aos interesados que acrediten en legal forma a súa titularidade, e para tal efecto deben achegar”, indica o DOGA.
Os pagos faranse efectivos os días 23,24,27 e 29 de setembro, entre 10:30 e 19:00 h. no antigo Reitorado da rúa Oporto. Conforme o artigo 206 do mentado Regulamento de xestión urbanística, se o expropiado non quixese aceptar o prezo xusto, non achegase títulos suficientes xustificativos do seu dominio, existise contenda respecto á titularidade do ben ou dereito expropiado, ou en xeral, a Xunta consignará o seu importe na Caixa Xeral de Depósitos.
No mesmo acto, expedirase acta de ocupación que permitirá iniciar as obras dentro do prazo sinalado pola Xunta: a finais do mes de novembro.