Técnicos, adestradores e monitores terán unha cita ineludible o vindeiro 28 de agosto no Colexio Celso Emilio Ferreiro. É a data escollida para o ‘I Clinic de Baloncesto 2010’ organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal para adicar os primeiros meses da tempada á formación destes profesionais do basket.
E como ponentes César Iglesias, Félix Muñoz e Quino Salvo, os tres Adestradores Superiores de Baloncesto cunha contrastada experiencia neste deporte, e Pablo Sánchez, preparador físico do Seis do Nadal-Coia e licenciado en INEF.
O Clinic arrincará ás 10 horas coa entrega da documentación das formacións. A temática que se tratará durante a mañá será a ‘Construcción defensiva’, que será exposta en dúas charlas prácticas de mans de César Iglesias e Félix Muñoz. Xa pola tarde, ponencias tamén prácticas sobre ‘Conceptos de ataque ante defensas zonais’ e ‘Novas tendencias no quecemento e na volta á calma en formación’, impartidas por Quino Salvo e Pablo Sánchez.
A asistencia a este I Clinic de Baloncesto do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia validarase como6 horas de formación práctica para os alumnos dos cursos de Nivel 1 e Nivel 2 da Escola Galega de Adestradores de Baloncesto da Federación Galega de Baloncesto.
O Clinic é unha actividade gratuíta e aberta a todo os adestradores interesados. Só terán que enviar un correo electrónico co seu nome e apelidos así como o clube ou entidade ao que pertencen ao seguinte enderezo: [email protected].