Rencontro dos celtistas co seu estadio no que será o primeiro partido da tempada en Balaídos. E será para ver ao Celta medirse al Zaragoza nun choque de primeira división no XL Trofeo Cidade de Vigo de Fútbol. Será mañá a partires das 22 horas nun partido único, como se leva a facer desde 1997, e que será retransmitido pola Televisión de Galicia.
O partido supón o final da pretempada e apostarase pola canteira viguesa como peza importante no equipo de Paco Herrera. Na presentación non quixeron faltar emblemas célticos como os catro capitáns, Borja Oubiña, Falcón, Jonathan Vila e Roberto Lago.
Nesta edición a clásica ‘uve’ de Vigo como trofeo é un magnífico traballo de ourivaría que custa 16.000 euros, que se complementará cun trofeo para o subcampeón e outro para o mellor xogador. Para velo terás que coller a túa entrada ao mesmo prezo que o ano pasado: 15 euros para adultos en Tribuna e 10 en Preferencia, as únicas bancadas abertas para o encontro, e 5 euros para nenos e junior.
Historia
O trofeo foi gañado ata por 5 equipos no que vai de século: o propio Celta (2002, 2005, 2006, 2008 e 2009), o Sporting de Lisboa (2001), Sevilla (2003), Vitoria (2004) e Atlético de Madrid (2007). Aínda que a historia do Trofeo Cidade de Vigo remóntase a 1971 cando votou a andar en formato triangular (Celta, Panathinaikos e Pontevedra) e foi gañado por clubes como o Chelsea, Real Madrid, Lazio, Benfica, Inter de Milan ou Spartk de Moscú.