Deportes

Pilotes e Barça enfróntanse no Cidade de Vigo de balonmán

O mellor equipo do mundo do balonmán por historia achegarase o vindeiro venres ao pavillón das Travesas para disputar contra o Pilotes Posada vigués o Trofeo Cidade de Vigo, que chega a súa décimo oitava edición (20:15 horas). O Barça, campión da Copa Asobal e da Copa do Rei, traerá o espectáculo a un torneo que se disputará a partido único.

Un partido no que se presentarán as novas fichaxes do Pilotes Posada e que intentará paliar a mala recadación do úlitmo partido contra o campión da categoría en Vigo, xa que cadrou “en metade de semana e coincidindo coa Champions League de fútbol”. Nesta ocasión o Barcelona non cobrará o canon para partidos amigables dada a situación na que se encontra o Pilotes e que o adestrador blaugrana, Xavier Pascual, ex porteiro do Pilotes, entende á perfección.

O Barça só voltará a Vigo na Copa do Rei que se celebrará en abril, polo que está será unha boa oportunidade para disfrutar do seu xogo. Para velo, 10 euros as entradas de adulto e 5 as de xuvenil. Os que renoven o carnet de Siareiros Elite, os que o fagan estes días ou os socios poderán presencialo de balde.

También te puede interesar