Galicia

Se vas cara o interior, prepárate para pasar calor

Para os que pensaban que o verán está a dar os seus últimos coletazos, un dato: as alertas voltan a Galicia. A Dirección Xeral de Emerxencias alerta dun novo episodio de temperaturas máximas de nivel laranza na provincia de Ourese, sobre todo ao paso do Miño, entre as 14 e as 19 horas de mañá, momento no que se poderán alcanzar ata os 39 graos de temperatura. Aínda que non será o único punto en risco: haberá alerta amarela en Lugo por temperaturas que poderán chegar ata os 36 graos.

Os servizos de emerxencia recordan que para loitar contra estas temperaturas e non correr riscos é importante pasar polo menos dúas ou tres horas ao día nun lugar fresco, refrescarse e mollar o corpo a miúdo, beber moita auga e evitar saír á rúas nas horas de maior risco.

También te puede interesar