É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másEn dous meses Castrelos estará renovado
Polo menos as súas pistas deportivas, xunto coas de Fontáns. O Concello invertirá 137.000 euros na remodelación destas instalación para “recuperar a calidade deportiva neste espazo” actualmente nunha situación deficiente. As obras comezarán nas canchas de baloncesto o vindeiro setembro e esperase que estén listas en apenas dous meses.
As obras de Castrelos, a cargo do Plan FEISL, incluiran o acondicionamento do firme, a instalación de pavimento moderno, pechamento, bancos nas inmediación e novas canastas. En Fontáns, no Calvario, levaráse adiante a recuperación da pista de fútbol co acondicionamento, marcaxe e sinalización, pechamento metálico, un xogo de porterías, bancos e papeleiras.