Urxencias Sanitarias de Galicia 061 tivo que asistir durante esta fin de semana a 103 persoas que se viron implicadas en 71 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas na que se considera a primeira parte da operación retorno das vacacións de verán, que se saldou cunha víctima mortal.
Unha vez máis, o sábado foi o día con máis asistencias, xa que se produciron 32 accidentes, case a metade dos ocorridos durante os desprazamento de toda a fin de semana. Por provincias, A Coruña foi a peor parada, con máis do 42 por cento dos sinistros (30), seguida de Pontevedra (24), Ourense (10) e Lugo (7).
O 64 por cento dos atendidos foron homes e, por idades, a franxa entre os 15 e os 34 anos foi a máis frecuente (52%). O helicóptero medicalizado tivo que acudir a un dos sinistros. En 96 casos os feridos foron trasladados a centros hospitalarios, en 3 a centros de saúde e unha morreu no mesmo lugar do accidente.