É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másDeteñen a un home de Mourente por un incendio que queimou 0,4 hectáreas
Xa son 30 os detidos pola Policía Autonómica por algún dos incendios provocados en Galicia. O último é un veciño de Pazo-Mourente, en Pontevedra, arrestado como presunto autor dun incendio nesta localidade que o pasado 25 de agosto queimou 0,4 hectáreas de pasto e arborado, coa presenza de vivendas habitadas nas inmediacións do lume.
O incendio produciuse polo escape dunha queima nunha finca da que é propietario e na que estaba levando a cabo as labores de limpeza, pero nesta época do ano están prohibidas as queimas por ser unha época de alto risco de incendios. O detido foi posto en liberdade tras prestar declaración coa obriga de acudir aos Xulgados sempre que se lle requira.