Galicia

A ‘Gota de Leche’ abrirase…para facer as obras que a transformarán nunha gardería

Gota de leche/Tresyuno ComunicaciónO Diario Oficial  Galicia (DOG) publicou a resolución do 26 de agosto de 2010 pola que se anuncia a licitación, polo trámite urxente e procedemento aberto multicriterio, para a adxudicación do contrato non harmonizado das obras de acondicionamento parcial do edificio para gardaría-escola infantil que estará situado no inmoble “Gota de Leche”. Deste xeito, queda aberto o prazo para que todas aquelas empresas que se atopen en condicións de facelo, poidan optar a encargarse das obras de acondicionamento deste edificio.

Dado que o procedemento para a adxudicación do contrato é multicriterio, non só contará a oferta económica da empresa, aínda que este criterio é o que máis peso ten. Así, vanse valorar por medio de un sistema de puntos distintos criterios que as empresas presenten como por exemplo o prazo de execución do contrato e programa de traballo, os importes destinados ao control de calidade ou a relación de persoal, equipos e maquinaria.
As empresas interesadas en presentar o seu proxecto poderán facelo dende mañá, 2 de setembro e ata o día 14 do mesmo mes. Toda a información técnica acerca deste tema poderán atopala no 981547243 e a información de índole administrativa no 981544652. 
Máis de 500.000 euros na gardaría-escola infantil 

O novo centro educativo que, segundo o goberno galego, cubrirá as actuais carencias que hai no centro da cidade, contará con oito unidades e suporá unha oferta de preto de 100 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos. 

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar investirá 519.554 euros (IVE incluído) que se distribuirán en dúas anualidades . Deste xeito, para este ano 2010 vanse destinar 255.000 euros e para o ano 2011 os 264.554 euros restantes.

O Goberno galego xa tramitou a petición de licenza ao Concello de Vigo na primeira semana do mes de agosto e confía en obtela antes de que remate o ano para o inicio das obras da escola infantil.

También te puede interesar