O alcalde e a concelleira de Medioambiente presentou hoxe a “Vigo”, o voitre leonado nado e criado en VigoZoo fai tres meses que convertirase no primeiro animal, os técnicos creen que de España, en ser reinsertado na natureza.
Caballero amosou o seu “orgullo” polo bo funcionamento do zoo vigués, dos “magníficos profesionais” que alí traballan e da propia edil. O alcalde explicou que o animal será trasladado a Mallorca, onde será entrenado para defenderse e posto en liberdade na mesma illa.
Vigo entra así no Programa Europeo de Cría en Cautividade de Especies Ameazadas, que na cidade olívica “está a dar bo resultado”, apuntou Caballero, e que “imos continuar” no futuro. O alcalde agarda que este “éxito” da inserción na natureza dunha especia do zoo vigués poida ampliarse a outros animais.
O alcalde definiu como “o proceso dun zoo moderno” que VigoZoo sexa quen de criar especies en perigo e liberalas na natureza con garantias, cando o habitual é que suceda o procedemento contrario.